Residuos - Ortigueira

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Recollida de Aveños

Recollida de Aveños

A recollida de aveños realízase todos os primeiros xoves e venres de cada mes nos núcleos de Ortigueira e Espasante e os luns e martes da seguinte semana no resto de parroquias previa anotación no Concello do lugar de depósito. Teléfono: 981 40 00 00

Depósito: os aveños deberán deixarse antes das 8.00 h do día indicado ao carón do contedor máis próximo.

Contedores de Pilas

Contedores de Pilas

Contedores de pilas temos dúas na avenida escola de gaitas en ortigueira e un en espasante á saída do núcleo son minipuntos limpos que tamén recollen cargadores,fluorescentes,etc

Punto Limpio

Punto Limpio

Situado no polígono industrial A Rega, Cuiña

Horario de Luns a Venres de 8:30 a 13:30 e Sábado de 9:00 a 13:00 horas

Residuos non perigosos: Madeiras de residuos domiciliarios, plásticos domiciliarios ou asimilables (excluídos os envases), restos metálicos do fogar, voluminosos (colchóns, sofás e outros mobles), papel e cartón.

Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos ( RAEES): Electrodomésticos (con e sen CFC), equipos de informática e telecomunicacións (monitores, TV), pequenos electrodomésticos, ferramentas, xoguetes electrónicos.

Contedores de Aceite

Contedores de Aceite

Pendente de localizacións nestes días

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies