Permiso de queima - Ortigueira

Permiso de queima

Para facer uso do lume en terreos agrícolas, forestais e zonas de influencia forestal, sempre fóra da época de perigo alto de incendios, é obrigatorio dispoñer da correspondente comunicación ou autorización de queima.

48/10000 Debe realizarse a comunicación previa de queima:

Para a queima de restos agrícolas amoreados: cunha antelación mínima de dous días. Este trámite pode facerse:

Chamando ao 012.

IR Ao ENLACE Trámite de comunicación de queimas por internet

Debe presentarse a autorización de queima:

Para a queima de restos forestais amoreados: cunha antelación mínima de sete días. Este trámite pode facerse:

Chamando ao 012.

Para queimas controladas: cando para a súa realización deba contarse coa presenza de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios, debe presentarse cunha antelación mínima de sete días.

Prescricións á hora de realizar queimas:

a) A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta.

b) Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de ancho, rodeando o perímetro que se vai a queimar.

c) Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, #iniciar os traballos producísese a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.

d) Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

e) En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco que supoñen este tipo de queimas para a seguridade e saúde do persoal que as leva a cabo, en ningún caso poderanse realizar individualmente, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio considérese que o risco é mínimo.

Permiso de queima

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies